Pontevedra baixomedieval
Pontevedra desde o Lérez (cortesía do concello de Pontevedra)
O rexurdimento urbano galego opérase esencialmente a partir do século XII, na Plena Idade Media. Constituídas en espazos artesanais e mercados -onde vender os excedentes agrarios de campesiños e mosteiros-, antigas sés bispais e arcebispais ou novos burgos emprazados, sobre todo, a carón dos portos, medran con pulo ata finais do período medieval, a pesares dos tempos críticos da Peste Negra e as crises e revoltas do século XV.
O porto máis puxante é Pontevedra, centro comercial no que a salgazón e exportación de sardiña, xunto con outras actividades, fan medrar notablemente o casco urbano e, sobre todo, o arrabalde da Moureira.
Coñece o plano urbano e o desenvolvemento da cidade a través deste vídeo.